Amigos de Galicia comeza en Vilagarcía unha campaña para desmontar os falsos mitos sobre a violencia de xénero

VILAGARCIA> Amigos de Galicia comeza en Vilagarcía unha iniciativa para analizar os coñecementos que a veciñanza ten sobre a violencia de xénero. A través dunha serie de preguntas, dende a fundación comproban se a xente coñece as situacións reais ou se están influenciados por mitos ou crenzas sobre o machismo. Finalmente crearase unha publicación coa conclusión do estudo.

Con motivo do 25N, a fundación amigos de Galicia comezou unha campaña para aportar o seu gran de area na loita contra a violencia de xénero. A iniciativa deu o seu primeiro paso no centro comercial de Vilagarcía. Onde a fundación instalou un posto para consultar á veciñanza os seus coñecementos sobre a violencia de xénero.

Aos visitantes que se achegaron a participar na iniciativa facíanselles preguntas para comprobar a súa opinión en diferentes situacións, como por exemplo se cren que o alcohol provoca que aumente a violencia de xénero. Os participantes tamén podían compartir casos reais que coñezan.

A campaña percorrerá os diferentes concellos de todo Galicia ao longo do vindeiro ano. Finalmente farase unha publicación coa conclusión do estudo.

A seguinte parada da campaña será en Santiago de Compostela. O calendario aínda non está establecido pero non se descartan máis visitas aos concellos das Rías Baixas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí