Cáritas de Noia apela á solidariedade na súa campaña de Nadal

    NOIA> Xa se pode adquirir a lotaría de Nadal de Cáritas de Noia a través de máis de setenta puntos de venda. Os fondos recadados sumaranse ós das diversas accións desenvolvidas pola entidade de cara ó Nadal, entre as que destaca a campaña de captación de socios e recollida de alimentos. As necesidades non se producen só durante o Nadal pero si se trata de datas especiais nas que apelar á solidariedade da xente. Por esta razón, Cáritas Parroquial de Noia porá en marcha unha campaña especial de cara ás festas que xa está en marcha coa venda de lotaría de Nadal. Paralelamente, Cáritas continúa coa súa campaña de captación de socios que poden aportar a contía que desexen, tanto mensual como anualmente. Actualmente, a asociación que presta asistencia a unha cento cincuenta familias, non chega á trintena de socios. O párroco de San Martiño agradeceu o labor dos voluntarios de Cáritas que axudas ós máis necesitados a superar estes momentos tan difíciles. Tamén tivo palabras de gratitude para tódalas empresas, entidades e cidadáns que aportan o seu grao de area. Os representantes da parroquia aproveitaron a presentación da campaña de Cáritas para anunciar a celebración dunha cea na honra de San Martiño que se celebrará o once de novembro. Os interesados poden anotarse na sacristía.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí