As confrarías de Cambados e Vilanova premiadas pola innovación tecnolóxica na actividade pesqueira

CAMBADOS, VILANOVA> As confrarías de Vilanova e Cambados reciben o segundo premio á excelencia e innovación na actividade pesqueira ou acuícola. O galardón é un recoñecemento á implantación da plataforma tecnolóxica Xesmar. Unha aplicación mediante a cal as mariscadoras reciben nos seus móbiles toda a información sobre o seu traballo.

Os sectores máis tradicionais súmanse ás novas tecnoloxías. Dende o 2018 as confrarías de Cambados e Vilanova puxeron en práctica unha plataforma tecnolóxica chamada Xesmar. Un proxecto creado por Pablo Dorgambide e que naceu ante a necesidade dos pósitos de organizar o traballo das mariscadoras.

A plataforma compleméntase cunha aplicación nos teléfonos móbiles das mariscadoras. Mediante esta app as traballadoras reciben información tan importante como os horarios de saídas ao mar, de traslados ou as vendas de cada día.

Unha innovación que mellorou as tarefas das traballadoras do mar.

As melloras que esta plataforma aportou ao sector están sendo recoñecidas na comunidade e no país. O pasado mércores as Confrarías de Cambados e Vilanova foron galardoadas co segundo premio á excelencia e innovación na actividade pesqueira e acuícola no marco da X edición dos premios á innovación para mulleres rurais.

Ambas confrarías mostran a súa satisfaccións polas vantaxes que ofrece esta aplicación. Aseguran que seguiran apostando por mellorar o seu sector.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí