BARBANZA> Varias autoescolas da comarca do Barbanza, que se veñen de constituír recentemente coma asociación, iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas para lograr esta vella aspiración. Non é un problema novo. Dende hai tempo as autoescolas da Barbanza veñen reclamando a posibilidade de crear un centro de exames práctico do permiso de conducir para a comarca así como tamén un centro homologado para a recuperación dos puntos. Dende a recentemente constituída Asociación de Autoescolas consideran que se trata dunha necesidade para os veciños desta comarca. Ademais da campaña de recollida de sinaturas, as autoescolas teñen o apoio doutras entidades na súa reclamación como é ocaso dos concellos da zona, a Mancomunidade de Municipios Arousa Nortee a Deputación da Coruña. Tamén están á espera do informe da Dirección Xeral de Tráfico.
Inicio Barbanza - Muros - Noia








