AMBAR implica á cidadanía nunha campaña a favor da accesibilidade universal

RIBEIRA> A Asociación AMBAR pon en marcha a campaña ‘Abre paso’ pola mellora da accesibilidade para conmemorar o Día das Persoas con Diversidade Funcional que se celebra o 3 de decembro. Pretenden denunciar as numerosas barreiras arquitectónicas que aínda presentan os espazos públicos dos concellos do Barbanza.

‘Abre paso’. Baixo este título AMBAR desenvolverá unha campaña en prol da accesibilidade universal na que pretende implicar á cidadanía. Convidan á participación subindo ás redes sociais fotografías dos obstáculos ou barreiras arquitectónicas que poidan observar nos espazos públicos.

Con toda a información recollida a través desta campaña, AMBAR elaborará un mapeo das zonas menos accesibles para volver trasladarlle ás administracións a mellora da accesibilidade, un obxectivo no que levan traballando máis de corenta anos.

Precisamente, foi esta entidade a que impulsou o plan de accesibilidade en concellos como Ribeira grazas ás propias experiencias dos seus usuarios que, como Angie, atópanse cada día con obstáculos no camiño.

Tan só esixen que se aplique a se cumpra a Lei de Accesibilidade aprobada en 2003.