AMICOS e Capital Energy colaboran na limpeza da Ruta das Fervenzas en Outes

OUTES> Escolares do IES Poeta Añón de Outes participaron na xornada de sensibilización ambiental organizada pola asociación AMICOS para o acondicionamento da ruta das Fervenzas. Xunto cos usuarios da entidade, retiraron os residuos da zona.

Amicos e a Fundación Capital Energy promoveron esta xornada de sensibilización ambiental titulada ‘Herdanza Máter: a ruta das Fervenzas’ que implicou a unha trintena de alumnos do IES Poeta Añón de Outes.

OS profesores verdes de AMICOS foron os encargados de guiar ós participantes nas tarefas de limpeza e retirada de residuos no sendeiro que bordea o río entre a capela de san Paioe  a central hidroeléctrica, comprendido entre os concellos de Outes e Mazaricos.

Tamén participou na xornada o alcalde de Outes, ManuelGonzález, quen agradeceu a implicación na conservación do medio ambiente.

Inserto

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí