O concello renova a cesión do centro social ós empresarios

     CAMBADOS> O concello renova a cesión do edificio que fai as veces de centro social nesta zona empresarial. O acordo terá unha vixencia de dous anos.

    {flowplayer}images/salnes/ConvenioEmpresariosCambados_060513.flv{/flowplayer} 

    O Centro Industrial e Loxístico do Salnés é un edicifio, propiedade do concello, con oficinas e aulas dispostas para acoller cursos de cara a formar empresarios e traballadores. Dispón tamén dunha cafetería e un restaturante. A asociación xa dispuxo desta instalación durante os últimos catro anos e despois deste acordo de renovación poderá facelo durante os dous próximos, prorrogables outros dous.

    Dende a asociación o obxectivo é seguir medrando. Conta agora con 13 socios, que representan á cuarta parte das empresas deste polígono de Cambados-Ribadumia. 

    Luís Aragunde adquiriu o compromiso de acondicionar a zona do edicifio realizando unha serie de melloras noi seu entorno, mentres que os empresarios demandan de cara ó futuro unha maior seguridade na zona, que se podería concretar coa colocación de cámaras de vixilancia.

    Redacción Salnés