RIBEIRA> Case 50 establecementos participaron na campaña do Día da Nai organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira. Esta mañá, a afortunada recollía o premio consistente nun vale de mil euros a gastar durante todo o día nos comercios adheridos. Para ilo, contou coa axuda dunha asistente persoal.
A Asociación de Empresarios de Ribeira segue a innovar para dinamizar o comercio e hostalería da vila así como premiar a fidelidade dos clientes. Co gallo do día da Nai puxeron en marcha unha campaña na que sorteaban mil euros para gastar nun día.
A afortunada gañadora, que recollía esta mañá o premio de mans da propietaria da floristería Mandrágora, xa tiña pensado en que gastar os mil euros. Para ilo, contou tamén coa axuda dunha asistente de compras.
Dende a asociación de empresarios animaron tanto a comerciantes como a hostaleiros e restauradores a sumarse a estas campañas tan importantes para o dinamismo do comercio local de Ribeira.