O concello da Pobra renova a pista do pavillón polideportivo da Tomada

POBRA> Na intervención investiu uns 18 mil euros, con cargo ás propias arcas municipais.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e a edil de Deportes, Genoveva Hermo, achegáronse ata o pavillón deportivo da Tomada para comprobar o resultado das obras levadas a cabo nosúltimos meses e que supuxeron a renovación da pista e o seu posterior pintado.

Na intervención o Concello investiu uns 18 mil euros.

A actuación levada a cabo súmase a outras intervencións de mantemento realizadas no polideportivo nas últimas anualidades e que supuxeron tamén no seu pintado interior, a mellora da zona de vestiarios e diversos traballos de impermeabilización.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, referiuse tamén ó proceso que segue o Concello en relación co proxecto de remodelación do pavillón de Venecia. Segundo el a intención do Concello pasaría por sacar unha nova licitación das obras. Un trámite que podería darse xa a vindeira semana para axilizar así canto antes o proceso.