RIBEIRA> O BNG mostrou o seu rexeitamento á decisión tomada polo executivo local de apagar estes dispositivos. Para os nacionalistas é un paso atrás no camiño cara unha cidade máis accesible para as persoas. A presenza de vehículos nas rúas peonís estes días está a resultar bastante habitual. Abonda con transitar pola rúa de Galicia ou entre a praza de Compostela e o Museo Municipal para darse conta diso. O motivo foi a decisión do executivo local de deixar fóra de funcionamento o sistema de control de acceso. Ata o de agora só se permitía acceder a garaxes. A medida non convence ós nacionalistas. Para o BNG trátase dun paso atrás no camiño andado ata o de agora de conseguir unha cidade máis humanizada e accesible, en detrimento dos vehículos.
Inicio Barbanza - Muros - Noia








