O cadáver atopado en Boiro podería ser o de Francisco Xosé Martínez Pego

BOIRO> Á falta de coñecer os datos da autopsia, todo apunta a que o corpo atopado en Triñáns, podería ser o deste veciño de Ribeira desaparecido hai tres semanas en Escarabote. A policía xudicial da Garda Civil de Noia, que é quen leva o caso, está a espera dos resultados da autopsia, para determinar a identidade e tamén as causas da morte do corpo atopado no lugar de Triñáns, en avanzado estado de descomposición. Todo apunta a que podería tratarse de Francisco Xosé Martínez Pego, o veciño de Ribeira de 54 anos desaparecido hai tres semanas en Escarabote. Aínda que non está confirmado oficialmente todo apunta a que si, xa que ó parecer a súa filla xa recoñeceu as roupas do seu pai.