A Xunta levará ao parlamento a lei de xestión do litoral para axudar ás empresas asentadas na costa

O GROVE> A Xunta de Galicia desprázase ao Grove para mostrar o seu apoio á empresa A Ostreira. A factoría dedicada a acuicultura ten paralizada a ampliación das súas instalacións por mor da lei de costas. Dende a Xunta sinalan que lei de ordenación do litoral que levarán ao parlamento o vindeiro 4 de xullo permitiría desbloquear a situación das empresas do sector.

A empresa A Oestreira do Grove é unha factoría dedicada ao subministro de sementes de ostra e ameixa a todo o sector en Galicia. Dende a compañía levan anos querendo ampliar as súas instalacións pero non poden facelo polas leis de Costas do Estado.

Tanto o Conselleiro do Mar como a Conselleira do Medio Ambiente se desprazaron este luns ao Grove para apoiar á empresa e poñer en valor o seu traballo.

Para loitar contra esta situación, na que tamén se atopan máis factorías galegas, a Xunta levará ao parlamento o vindeiro 4 de xullo a lei de ordenación e xestión do litoral.

Dende a asociación galega de confrarías tamén mostraron o seu apoio á Ostreira. Sinalan que é unha empresa clave para as máis de 60 confrarías galegas. Unha factoría que permiten dotar aos mariscadores de produto autóctono sen necesidade de mercalo ao exterior.