Xunta e Concello mellorarán a seguridade viaria de Carril

     VILAGARCÍA> Disto falouse hoxe nunha xuntanza celebrada no Concello á que asistiron representantes veciñais, do Concello e da Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_TOURIS_VILLA_130513.flv{/flowplayer}
     
    Unha das actuacións levarase a cabo na rúa Arosa, a baixada de entrada na parroquia desde Catoira.
     
    Outra actuación, que están a estudiar Concello, veciños e Policía Local sería a colocación dun novo semáforo na rúa Rosalía de Catro, no cruce coas rúas Xalda e Lucena. A actuación roldaría os 30 mil euros, pero desde o Concello estase a ver a posibilidade de aproveitar algún dos semáforos que xa hai en Rosalía de Castro.
     
    O delegado da Xunta aproveitou a visita a Vilagarcía para anunciar ó alcalde que este ano se lle renovará a axuda do Fondo de Compensación Ambiental. Os 15 mil euros recibidos o ano pasado serviron para comprar unha furgoneta para o servizo de Medio Ambiente.
     
    Redacción Salnés