A Policía Nacional resta veracidade á suposta persecución a tiros

     VILAGARCIA> A Policía Nacional cre que non foi certo que o venres pola noite, a eso das nove menos cuarto, houbese un tiroteo polas rúas do…

    {flowplayer}images/salnes/persecucion_villa.flv{/flowplayer}

     … casco urbano a cargo dos ocupantes de dous vehículos que se deran a fuga. A alarma saltou á raíz da denuncia dun veciño que describiu dous coches que circulaban a gran velocidade polas rúas do centro dirección a Catoira. Segundo esta chamada, os ocupantes dos vehículos iríanse apuntando polas xanelas do coche con armas de fogo, logo embestirían na rotonda de Carril e fuxirían cara a Bamio.

    A raíz deste aviso a Policía Nacional montou un amplo dispositivo no que a Garda Civil procedería a revisar dous vehículos. En ningún deles había restos de armas de lume nin outros indicios que puidesen corroborar a versión do denunciante. Ademais, polas rúas vilagarciás non quedou rastro algún de disparos nin existe ningún outro veciño que corrobore esta versión; todo mundo sabe do conto pola prensa.

    A Policía Nacional inclínase por pensar que se trata dunha trola ou, cando menos, dunha esaxeración do denunciante, que agora non lles colle o teléfono ós axentes da Policía que queren ampliar esta investigación. Na rúa, a cidadanía pensa que serían uns feitos moi estraños, aínda que non imposibles posto que en Vilagarcía, segundo din, o ambiente está a empeorar nos últimos tempos.

    Redacción Salnés