![]()
VILANOVA> Isto vai a xerar, segundo o concello, máis de 450 postos de traballo directos. En febreiro comezarán as obras nos accesos.
{flowplayer}images/salnes/CENTRO_COMERCIAL_VILANOVA.flv{/flowplayer}
O alcalde de Vilanova facía este anuncio trala comunicación oficial do consello da xunta da aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual con ordenación detallada dun sector do solo urbanizable delimitado de uso terciario comercial na zona de Freixeiro.
Xa o pasado dous de decembro a comisión superior de urbanismo de Galicia emitía un informe favorable despois de comprobar que tódolos informes solicitados eran positivos, entre os que se atopaban os de montes, conservación da natureza e o informe ambiental.
Con todo, o alcalde mostrou a súa satisfacción xa que se van crear máis de catrocentos postos de traballo directos.
Durán informou, ademais, que xa se puxo en contacto coa promotora da área comercial, Desarrollos Vilanova, para establecer un calendario de actuación. Agora queda que as empresas que se van instalar en Deiro solciten a Industria a licenza correspondente.
Segundo informou o alcalde teñen previsto comezar as obras nos accesos entre o mes de febreiro e marzo.
Redacción Salnés









