Rouban nun bar en fronte dos Xulgados e moi preto da Garda Civil

     CAMBADOS> Os ladróns volveron a facer das súas a pasada madrugada en Cambados. Desta volta a víctima foi o Café Tribunal onde os cacos…

    {flowplayer}images/salnes/roubo_cafe_tribunal.flv{/flowplayer}

    … se levaron cartos e ocasionaron danos por valor duns 9.000 euros. Foi Patricia Castro, a propietaria do local, a primeira que se percatou do acontecido cando acudiu onte luns a abrir o local. De entre todo o que levaron chama a atención unha das botellas e tamén uns cítricos; algo que a propietaria encaixaba con retranca.

    Dáse a casualidade que este local está situado xusto en fronte dos Xulgados e a escasos metros do cuartel da Garda Civil en Cambados; o que non foi obstáculo para os cacos que lle deron un bo pao á economía deste pequeno negocio.

    Para evitar que este feito se volva a repetir, a dona xa está a adoptar medidas de precaución.

    Unha vez posta a correspondente denuncia, as donas do bar arranxaron de contado o local e, ó pouco, volveron a abrir con normalidade.

    Non fai nin quince días que se reproducía a mesma escena noutro bar deste termo municipal: os ladróns tamén irromperon no Bar Borralleira de Corvillón para levarse a recadación da máquina comecartos e algunha outra cantidade que había no establecemento.

    Redacción Salnés