Os armadores recaban apoios contra o novo regulamento de embarcacións

     A ILLA> Despois de pasar por O Grove e Vilanova, esta mañá reuníronse con membros da corporación de A Illa, entre eles o alcalde Manuel Vázquez

    {flowplayer}images/salnes/ReunionIllaRegularizacion_290513.flv{/flowplayer} 

    Os armadores e mariñeiros propietarios piden un prazo máis amplo á Consellería de Mar para adaptar as súas embarcacións á nova normativa autonómica, que deixa fora da legalidade a moitas delas. Os principais atrancos chegan polas medidas das propias embarcacións e polos cavalos de potencia dos motores.

    Son centos de propietarios os afectados en toda a Ría de Arousa. Nas últimas semanas están a recabar apoios políticos que lles axuden a afrouxar a soga na que se converteu esta normativa. Xa estiveron onte en Vilanova e O Grove con membros das diferentes corporacións, e hoxe visitaron Santiago de Compostela onde mantiveron unha xuntanza con representantes dos grupos parlamentarios. Tamén estiveron pola mañá na Illa de Arousa, reunidos con membros da corporación. O único que piden os mariñeiros e armadores é tempo para adaptarse a unha normativa que exprimirá aínda máis os seus petos. 

    A decisión está en mans da Consellería de Mar, que segundo os afectados, non respondeu a ningunha das vinte solicitudes de entrevista que pediron coa titular desta carteira para tratar a problemática.

    Redacción Salnés