O Museo de Pontevedra presenta aos integrantes do novo Consello Asesor

PONTEVEDRA> O Museo de Pontevedra deu a coñecer esta mañá os nomes das persoas que integrarán o novo Consello Asesor. En total, 7 representantes de diversos sectores entre os que destaca a arquitecta Teresa Táboas, o empresario Kin Martínez ou a arqueóloga Beatriz Comendador.

Eles son os integrantes do novo Consello Asesor do Museo de Pontevedra. Beatriz Comendador, Kin Martínez, Lola Dopico, Menchu Lamas, Ramón Rozas, Teresa Táboas e Xaime Toxo. 7 representantes de diversos sectores da sociedade e que foron elixidos polo director do Museo pola súa ampla traxectoria profesional.

O Museo de Pontevedra está inmerso nun proceso de renovación e coa creación deste Consello Asesor preténdese dar un paso máis de cara a conseguir novos retos e desafíos. Ademais, segundo afirmou esta mañá o director do Museo, o obxectivo principal deste órgano é acadar maior independencia da institución fronte ao control político.

Tanto a presidenta da Deputación como o vicepresidente quixeron poñer en valor esta mañá o traballo do director do Museo á hora de elixir aos representantes do Consello Asesor.

Este Consello Asesor tratará de adaptar o Museo a demanda do século XXI e converter este espazo nunha referencia nacional e internacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí