Arranca un novo curso no conservatorio profesional de música Felipe Paz de Carbajal de Noia

NOIA> O conservatorio profesional de música Felipe Paz de Carbajal cumpre este ano o seu 33 aniversario e como vén realizando nos últimos anos aproveitou este arranque de curso para presentar o que será o calendario de concertos que se levarán a cabo ó longo do ano, dende outubro a xuño.

A programación incluirá actuacións abertas no coliseo Noela tódolos meses a partir deste xoves 24.

Nestes concertos os alumnos poderán demostrar enriba do escenario todo o aprendido nas clases.

Dende o Concello destacaron tamén a implicación do profesorado como tamén dos propios alumnos do centro.