Cociña de estrelas no Pazo Baión

VILANOVA> A adega pazo Baión servíu de escenario ó II Encontro Comida Premio Revelación da Cociña Española. Once chefs chegados de diferentes lugares de España amosaron as súas propostas culinarias, sen esquecer o entorno no que estaban: as uvas e o viño albariño ocuparon un papel salientado nesta xornada de confraternidade. Pazo Baión, en Vilanova, acolleu o segundo encontro Comida Premio Revelación da Cociña Española, na que participaron 11 cociñeiros estrela . Entre eles, Iago Castrillón, do restaurante Acio de Santiago, gañador do último ano e que se encargou de realizar o prato principal. O resto dos cociñeiros, procedentes de restaurantes de toda España, elaboraron cada un unha tapa. E non se esqueceron de ingredientes típicos da zona, como a uva albariño recen apañada en Pazo Baión. Durante a xornada, os cociñeiros puideron coñecer as instalacións de Pazo Baión e tamén participar nunha cata comentada dos albariños elaborados pola cooperativa Condes de Albarei. No xantar púidose constatar a maridaxe dos pratos elaborados por estes cociñeiros cos viños Condes de Albarei e Pazo Baión. Redacción Salnés {flowplayer img=http//www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/09setembro/30/cocineirosbaion.jpg}http//www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/09setembro/30/cocineirosbaion300913.mp4{/flowplayer}