Baixa o paro en agosto

PONTEVEDRA>  Máis 500 persoas menos no paro na provincia de Pontevedra. Eses son os datos que nos deixa o mes de agosto en relación ao mes de xullo deste 2016. Datos positivos, pero dende UXT, xa anuncian que este resultado chega grazas á época estival na que estamos inmersos e que ao chegar outubro a cousa cambiará moito en todos os sectores, menos na construción, onde todo apunta a que se manterán os postos nos vindeiros meses. 

 

O mes de agosto deixou datos positivos para o paro na provincia de Pontevedra con traballo para máis de 500 persoas neste mes en relación ao pasado xullo. Uns datos positivos pero dende UGT Pontevedra xa anunciaron que son datos ficticios que chegan nesta época do ano polos contratos na hostalería e noutros sectores nesta época estival do ano. 

O único dos sectores que dende UGT Pontevedra agardan que se manteñan os postos de traballo ao pasar o verán será na contrucción. 

Dende o sindicato piden as empresas que oferten traballos dignos e contratos estables. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/02/datos_paro_agosto_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/02/datos_paro_agosto.mp4{/flowplayer}