“Voces Ocultas”, a gala que demostrará o talento artístico das persoas con diversidade

PONTEVEDRA> O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá o vindeiro 4 de decembro unha nova edición de Voces Ocultas. Este evento ten como obxectivo mostrar o talento artístico das persoas con diversidade funcional e sensorial. Unha gala, organizada polas asociacións Amencer-Aspace, Xuntos e Amizade, na que se demostrará que a música e a arte son dúas ferramentas inclusivas.

O vestíbulo do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra é o lugar elixido para acoller, o vindeiro 4 de decembro, unha nova edición de Voces Ocultas. Un evento organizado polas asociacións Amencer-Aspace, Down Pontevedra Xuntos e Amizade e que está enmarcado no Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Nesta gala haberá música en directo, unha proxección da peza audiovisual “A miña maneira” e unha performance.

O obxectivo desta gala é demostrar o talento artístico das persoas con diversidade funcional e sensorial. Ademais, neste proxecto a creación musical e a composición xogarán un papel fundamental.

Nesta edición destaca o papel de Sergio González. El, cos seus textos, servirá de exemplo a outras persoas.

O espectáculo de Voces Ocultas terá lugar o día 4 a partires das 20:00 horas. A entrada será de balde ata completar aforo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí