Comezan as obras na rúa Severo Ochoa

    BOIRO> Os traballos, que están a ser executados pola propia brigada de obras municipal, contan cun orzamento duns 150 mil euros.

    Operarios municipais iniciaron esta semana as obras de peonalización da rúa Severo Ochoa, en pleno casco urbano. A actuación, cun orzamento de preto dos 150 mil euros, está subvencionada ó 70% pola consellería de Economía e Industria, dentro do proxecto de dinamización das áreas comerciais. As obras prevén a reorganización do vial, cun carril de circulación e a retirada de prazas de aparcamento existentes. Na liña das peonalización xa realizadas. A través destas obras o executivo pretende crear rúas máis atractivas, humanizando o casco urbano e dinamizando as zonas comerciais. Unha vez rematado este proxecto a intención do goberno boirense pasa por continuar con estes traballos de peonalización noutras zonas do casco urbano, como poden ser Estatuto de Galicia e rematar tamén dende a praza da mancomunidade ata a avenida de Compostela. A actuación prevé tamén a instalación de novo mobiliario urbano e o cambio do alumeado. Redacción Barbanza {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10 outubro/09/peonalizacionseveroochoaboiro091013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/peonalizacionseveroochoaboiro091013.mp4{/flowplayer}