Os afectados polas preferentes levan a cabo a sexta retirada de fondos de NGB

    MEAÑO> Os afectados polas Preferentes volveron a botarse á rúa esta mañá. Fixérono en Meaño onde levaron a cabo unha nova retirada de fondos na oficina de Nova Galicia Banco. É a sexta vez que realizan un acto coma este, a través do cal volven a reclamar que lles devolvan integramente os seus aforros. As Plataformas de Afectados pola Preferentes volveron a celebrar unha xornada de retirada de fondos coordinados de Nova Galicia Banco. No Salnés, levouse a cabo na oficina de Meaño, onde se reuniron medio cento de afectados. Estes volveron a denunciar o novo engano ó que foron sometidos co anuncio de Nova Galicia de iniciar a arbitraxe xudicial e os actos de conciliación. Segundo din, é unha manobra da entidade financieira para gañar tempo e pechar unhas boas condicións de venta do banco. A nivel autonómico prevense concentracións periódicas nas centrais de Nova Galicia Banco na Coruña, Pontevedra e Vigo e non se desvota a realización doutro manifestación multitudinaria ó longo deste mes de outubro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/11/preferentes600_111013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/11/preferentes_111013.mp4{/flowplayer}