Vilanova regresará aos anos 60 e 70 coa II Mostra de Oficios, Costumes e Xogos Populares

VILANOVA>

Baión lembrará o pasado coa II Mostra de oficios, costumes e xogos populares dos anos 60 e 70. O evento terá lugar esta fin de semana na parroquia vilanovesa. O sábado tamén se celebrará o XXIX de maiores coa participación de máis de 500 persoas.

A Asociación Cultural O Castro de Baión organizará a II Mostra de Oficios, Costumes e Xogos populares. O programa presenta unha serie de actividades para rememorar a época dos anos 60 e 70.

Ademais dos oficios, tradicións, xogos e exposicións, tamén haberá unha carpa gastronómica con produtos típicos e actuacións de teatro, pandereteiras, grupos musicais e a novidade deste ano, unha noite meiga.

Aproveitando a mostra, a Asociación tamén organizará o sábado o XXIX Encontro de Maiores no que participarán máis de 500 persoas.

Os actos terán lugar no Campo da Igrexa de Baión e a inauguración terá lugar o sábado as 13:00 horas.