Unhas dependentas reteñen ós ladróns para evitar un novo roubo

PONTEVEDRA> Tres ladróns intentaron de novo esta semana roubar nunha perfumería de Pontevedra na que xa hurtaran a semana pasada. As dependientes foron quen de impedir un novo roubo. Con todo, á vista dos últimos roubos, a cidadanía desta Capital de Provincia non ten a sensación de vivir nunha cidade insegura. Este luns tres cidadáns estranxeiros entraron nesta perfumería da rúa Benito Corbal de Pontevedra provistos de bolsas. Ían dereitos á sección de perfumería, onde o venres pasado roubaran uns 1.500 euros en perfumes. Nada máis velos entrar, as dependientas recoñecéronos e pecharon as portas da tenda, cos clientes dentro, ata que viñese a Policía Nacional. Con todo, a vaga de roubos e persecucións de película que se deron estes últimos días na Cidade do Lérez non fan que os cidadáns teñan a sensación de vivir nun núcleo urbán inseguro. Hai veciños que pensan que a crise fixo que aumentasen os pequenos roubos, pero tamén hai quen pensa que nas Rías Baixas xa se viviron tempos moito peores. Mesmo hai quen pensa que a lei é demasiado laxa cos delictos de pequena envergadura, o que ampara ós delincuentes para que sigan a facer estas falcatruadas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/15/bodybell.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/15/ROUBO_BODYBELL.mp4{/flowplayer}