O Concello de Pontevedra construirá dous aparcamentos disuasorios en Valdecorvos e na Parda

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra construirá dous novos aparcamentos disuasorios na cidade. O primeiro estará situado en Valdecorvos e o segundo na Parda. En concreto, entre as súas Otero Pedrayo e Tomás y Valiente. O  goberno municipal pretende crear así, como mínimo, 300 novas prazas. O obxectivo é que estes dous proxectos estean rematados no último trimestre do ano.