Vinte desempregados formaranse coidando o patrimonio cambadés

    CAMBADOS> Durante os próximos seis meses, vinte persoas participarán no obradoiro de emprego Turismo Sostible II, un curso que lles capacitará para realizar labores de canteiría e xardinería forestal. Xunto co do Grove, e o concedido a Vilagarcía, este taller completa a lista de obradoiros de emprego aprobados este ano pola consellería de Benestar para a zona do Salnés. Os alumnos que agora se incorporan ás clases recibirán unha formación teórica e, sobre todo práctica, a través da realización de diferentes obras das que se beneficiarán tódolos cambadeses. Actuacións de recuperación do patrimonio pero tamén de mellora do medio ambiente e incluso de saneamento, como é o caso do acondicionamento da senda fluvial na desembocadura do río Umia, a adecuación do castro de Sete Pías ou o saneamento en Xesteira e Tragove de Arriba. A formación que recibirán os alumnos suporá unha alternativa máis para poder acceder ó mercado laboral, xa que todos os que participan son desempregados. Desde a Xunta salientan a gran saída profesional deste tipo de talleres, con ex alumnos que incluso lograron montar negocios pola súa conta. Segundo datos facilitados polo concello, a última edición deste obradoiro, rematado en 2011, logrou unha inserción laboral de preto do 70 por cento dos participantes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/15/obradoiroempregocambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/15/CAMBADOS_INICIA_OBRADOIRO.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí