A veciñanza de San Clemente de Caldas mobilízase tras 15 anos agardando polo servizo de saneamento

CALDAS> A veciñanza de San Clemente de Caldas mobilizase tras 15 anos agardando o servizo de saneamento. Segundo denuncian, a metade da parroquia, unhas trescentas persoas, non conta con este servizo. Advirten que están fartos de falsas promesas e de negociacións que non levan a ningún lado e reclaman ao concello que dote á zona dun sistema que é básico para a veciñanza.

Nesta parroquia de San Clemente de Caldas viven arredor de 760 persoas. Unha zona rural e tranquila pero que como se ve nas imaxes, está en pé de guerra co goberno de Caldas. Segundo denuncian, a metade da parroquia non conta co servizo de saneamento e o alcalde leva 15 anos prometéndolles construílo sen que o proxecto se leve a cabo.

Os veciños que non contan con este servizo teñen que utilizar pozos.

Están fartos das promesas electorais que nunca levan a ningunha parte e tamén, segundo denuncian, das mentiras do alcalde.

Por este motivo comezaron a mobilizarse.

Segundo explican, o alcalde púxose en contacto con eles, tralas mobilizacións, para avisarlles que o proxecto si que vai ir para adiante. Pero para a veciñanza isto xa é tarde, non queren máis palabras, se no que se constrúa dunha vez o saneamento prometido.