A antiga xestora e Esperta Vilaxoán agardan que as eleccións da asociación de veciños sirvan para unir á veciñanza

VILAXOAN> A dimisión da xestora da Asociación de veciños de Vilaxoán abre o período para unhas novas eleccións. A recente xestora dimitida xunto coa Plataforma Esperta Vilaxoán acordaron as condicións para que os veciños interesados poidan inscribirse na asociación e realizar a súa votación. Poderán inscribirse ata o día 24 e as votacións terán lugar o día 31.

A veciñanza de Vilaxoán hai anos que camiña dividida en dúas partes, por un lado a Asociacións de Veciños e por outra a Plataforma Esperta Vilaxoán. Buscando unha solución para poder unir á veciñanza, a xestora provisional, que finalmente pola pandemia da covid tivo que aguantar dous anos, anuncio a súa dimisión para convocar eleccións.

O prazo para afiliarse á asociación é ata o 24 de xullo, as eleccións serán o día 31. Nunha reunión mantida entre a Xestora da asociación, Esperta Vilaxoán e diferentes veciños, decidiuse que podería inscribirse calquera persoa ligada á vila, resida ou non na actualidade.

Dende Esperta Vilaxoán valoran de forma positiva que se volvan a convocar eleccións.

Tanto a plataforma como a antiga xestora da asociación reuniranse cos seus membros para decidir se presentar unha candidatura. A antiga xestora cualifica moi positivamente os seus dous anos á fronte da asociación perdo dubidan se presentarse de novo.

A Antiga xestora e a plataforma agardan en que as eleccións sirvan para unir á veciñanza e loitar xuntos. Dende Esperta Vilaxoán tamén sinalan que á marxe do que aconteza na votación, a plataforma debería continuar como unha entidade que sirva para englobar a diferentes asociacións.

O período para inscribirse na Asociación de Veciños e poder votar realizarase ao longo desta semana. Nas vindeiras datas informaranse os horarios para poder darse de alta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí