Deputación e Colexio Médico organizan charlas sobre alzheimer en 42 concellos

PONTEVEDRA> Ambas instituciónS veñen de asinar un acordo a través do cal se van celebrar 42 charlas informativas sobre o alzheimer na maioría de concellos da provincia. O obxectivo, entre outros, é dar a coñecer as claves sobre como tratar esta enfermidade e como detectala de xeito precoz. O Xefe de Neoroloxía do CHOP, Manuel Seijo, será o encargado de coordinar este programa de charlas. Segundo indicou, en torno a 5.000 persoas padecen alzheimer na provincia de Pontevedra e trátase da terceira causa de mortandade entre as persoas da terceira idade. Unha enfermidade asociada ó envellecemento, pero que non ven dada por el. Para coñecer máis sobre ela se programan 42 charlas a desenvolver durante os vindeiros tres meses por diferentes concellos da provincia. As charlas serán impartidas por Manuel Seijo e outros expertos sobre esta enfermidade, médicos especialistas do CHOP, do CHUVI e de POVISA. Falarán entre outras cousas, de como detectar os síntomas de xeito precoz, o que permite tratar o alzheimer máis eficazmente. A primeira charla será mañá en Cuntis será ás 18 horas. O luns 21 ás 20 horas celebrarase en Vilagarcía, o martes 22 en Caldas e en Valga o xoves 24. Outros concellos do Salnés irán acolléndoas durante os vindeiros meses de novembro e decembro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/16/alzheimer600_161013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/16/alzheimer_161013.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí