As rebaixas chegan pisando forte neste inverno

Pontevedra> Pese a que xa levamos algúns días de descontos, dende o 7 de xaneiro oficialmente todas as tendas están de saldo. Hoxe puidemos ver ambiente de compras en Pontevedra, son moitos os que levan os seus gastos planificados, outros que van a ver o que pican. Iso sí, cada vez máis intensifícanse as compras on line.

Bo, bonito e barato, dende o día 7 a xente vai buscando a triple B nestas rebaixas de inverno, onde o que máis se compra ano tras a ano é roupa e calzado.

E pese a que hai descontos, a xente na rúa non está moi satisfeita cos saldos das tendas.

Son moitos os que levan as súas compras planificadas, e outros que non, que van a ver o que pican…

E dende a parte dos comerciantes teñen claro que esta campaña de rebaixas é moi importante para o seu mes de xaneiro.

A xente, de momento, está respondendo moi ben as rebaixas de inverno.

Iso sí, son moitos os que realizan as súas compras on line, outros pola contra, prefiren ir, ver e probarse a roupa antes de mercala.

Teñen por diante 7 semanas de descontos, así que aproveiten estes días se teñen que realizar algunha compra.