As familias pontevedresas poderán resolver os seus conflitos sen ir ó xulgado

PONTEVEDRA> Resolver os conflitos familiares a través dun mediador e non pola vía xudicial. A partir de agora será posible en Pontevedra, porque a cidade do Lérez vén de sumarse a outras catro urbes galegas na incorporación dun servizo de mediación familiar intraxudicial. Segundo os seus promotores, moito máis áxil e beneficioso que o enfrontamento xudicial. Botou a andar en Santiago no ano 2009, seguíronlle Lugo, Vigo e Ourense e partir de hoxe implántase en Pontevedra. Esta mañá asinouse na delegación da Xunta desta cidade o convenio de mediación intraxudicial. Total Ademais de axudar a desconxestionar os xulgados e aforrar gastos ós litigantes xa que é un servizo de balde, a mediación ofrece resultados máis positivos a longo prazo ó basearse no acordo voluntario entre as partes enfrontadas. Total Tense comprobado tamén que en moitos casos, as parellas aproveitan a apertura dun proceso de mediación para resolver outros conflitos que en principio non estaban contemplados na demanda ou contemplar circunstancias de futuro para evitar novos enfrontamentos. Máis beneficioso aínda no caso de haber menores no medio. Total En Galicia durante o ano pasado deriváronse 292 expedientes a mediación intraxudicial. Celebráronse 79 e máis da metade remataron co acordo das partes. Desde a xustiza recoñecen que este é un campo no que aínda queda moito por andar, por estender a cultura da mediación en detrimento da do preito. Pero pouco a pouco vaise conseguindo. Total No caso de Pontevedra, psicólogos expertos da Universidade de Vigo serán os encargados de actuar como mediadores. Profesionais con ampla experiencia na materia xa que veñen de colaborar co servizo que xa actúa en Vigo desde hai un ano. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/18/mediacionfamiliar.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/18/MEDIACION_FAMILIAR.mp4{/flowplayer}