Pontevedra revisa a saúde das árbores da Alameda para recuperar o espazo e garantir a seguridade

PONTEVEDRA> Pontevedra revisa o estado de saúde das súas árbores máis senlleiras. Unha empresa especializada examinará 91 exemplares de gran tamaño do parque da Alameda cunha novidosa técnica. Unha aposta coa que garantir a seguridade da cidadanía.

O concello de Pontevedra está decidido a evitar que se repitan imaxes deste tipo. O 20 de setembro do ano pasado o deterioro interno dunha das grandes árbores da Alameda provocaba a rotura e caída dunha das súas pólas.

O episodio quedou só nun susto pero dende o concello tomaron nota e, ademáis de realizar unha primeira inspección visual, agora están a someter a 91 exemplares deste parque a profundas revisións do seu estado de saúde.

Deste xeito, buscan transmitir tranquilidade á cidadanía. Coa mensaxe de que a Alameda pontevedresa é un espazo seguro no corazón da cidade.

Este Estudo Avanzado de Avaliación de Riscos permitirá tamén elaborar unha minuciosa base de datos, incluíndo a xeolocalización das árbores e o seu emprazamento sobre plano. Todo para que os pontevedreses poidan desfrutar de estampas como esta con garantías.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí