Vilanova cualifica de excelente a súa situación económica tras reducir a débeda ata os 6 millóns

VILANOVA> Vilanova reduce a súa débeda en preto dun 50%. O alcalde cualifica a situación de excelente a pesar de que a vila aínda ten unha débeda que ronda os 6 millóns de euros. O concello foi diminuíndo a súa débeda nun millón de euros por ano e agarda continuar con esta situación para eliminar a débeda nos vindeiros anos.

O alcalde de Vilanova e o seu equipo saíron a defender as contas municipais tralas acusacións da oposición de estar arruinando o concello. Gonzalo Durán explicou que o máximo que chegou a deber o municipio foron case 10 millóns de ueros no 2016, e non 20 como chegou a denunciar a oposición.

O concello ven reducindo a débeda ata case a metade, e Durán cualifica a situación como excelente.

Outro dato no que se basea Durán para defender a situación é no tempo de pago aos acredores.

O alcalde vilanovés tamén advertiu que o seu concello xa non é o que máis debe á mancomunidade, co último pago pendente de 40 mil euros, a súa débeda é de 69 mil.

A pesar de que a débeda aínda é alta, dende o concello agardan seguir coa progresión e chegar á situación 0 en tres ou catro anos. Gonzalo Durán tamén criticou a oposición por mentir, asegurando que coñecen a situación de concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí