PONTEVEDRA> Comeza a vacinación dos maiores de 80 anos. A campaña arrancou en 400 centros de toda Galicia, 15 deles na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. En total, o Sergas espera vacinar a unhas 22.000 persoas nesta zona. A acollida, nesta primeira xornada, foi moi positiva.
Este é un dos 15 centros da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés nos que hoxe se puxo en marcha a vacinación dos maiores de 80 anos. A campaña arrancou ás 9 da mañá coas persoas cuxo primeiro apelido comeza coa letra “H”, algo que se decidiu por sorteo ante notario. O Sergas espera chegar a uns 22.000 veciños de toda a área sanitaria.
Eva Jiménez, de 88 anos, foi a primeira en recibir a vacina neste centro de saúde. En total, cada día están citadas unhas 100 persoas e, no día de hoxe, a acollida foi moi positiva.
En toda Galicia, a Xunta espera vacinar a unhas 230.000 persoas maiores de 80 anos. A previsión da administración autonómica é que todos eles estean inmunizados na primeira semana do mes de maio.
Todas as persoas que hoxe pasaron por este centro de saúde para vacinarse, aseguran estar moi contentos con esta campaña e animan a toda a cidadanía a facer o mesmo.