Os traballadores de Ence tentan sen éxito falar co Rei da situación da pasteira

O GROVE> Os traballadores de Ence trasladan as súas protestas á Illa da Toxa, no Concello do Grove. Aproveitando a inauguración do Foro da Toxa, organizaron unha concentración na ponte de acceso á illa.

O seu obxectivo, segundo indicaron, que o propio Rei e a vicepresidenta primeira do Goberno sexan conscientes da súa incerta situación, cos seus postos de traballo en perigo.

Na mobilización participaron varias ducias de traballadores que, por mor do cordón de seguridade, non puideron acceder ata o acceso do edificio no que se estaba a desenvolver o Foro. Non conseguiron nin falar co Rei nin coa Vicepresidenta do Goberno, pero si lograron facerlle chegar a Nadia Calviño o manifesto que van entregar no Tribunal Supremo.