ANPA e alumnos do IES Illa de Arousa vólcanse en apoio ó seu director

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/25/malvido600_251013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/25/malvido_251013.mp4{/flowplayer} A ILLA> Alfonso Malvido conta con todo o apoio dos alumnos e das súas nais e pais. Así quedou de manifesto na concentración que tivo lugar esta mañá, ás 11:30, na que participaron os estudiantes, dende o patio, e os pais de portas para fora. Volveron a exixir que se revoque o expediente aberto contra o director do instituto por parte da Consellería de Educación. Ó redor dunhas 300 persoas, a maioría pais de alumnos, congregáronse ás portas do IES da Illa de Arousa. A concentración comezou ás 11:30 e prolongouse ata mediodía, coincidindo co tempo de recreo dos rapaces. Houbo pancartas e lecturas de manifestos en apoio a Alfonso Malvido, o director do centro, expedientado por Educación logo de retrasar nun día o inicio do curso escolar por ter que reorganizar os horarios dos mestres. Unhas mobilizacións que continuarán durante as vindeiras semanas se é que a Consellería non se retracta e pecha o expediente aberto a Malvido, que podería desenvocar no seu cese como director do instituto. No acto tamén se deu cita o alcalde. Manuel Vázquez, lonxe de querer acaparar protagonismo político, segurou que dende o goberno local poranse a disposición da ANPA e do centro para tratar que o director manteña o seu posto de traballo. Despois deste éxito de convocatoria, mañá continuarán as accións. Levarase a cabo unha recollida de sinaturas na Sala Capitol da Illa, por parte da ANPA.