O concello de Boiro e SEA avanzan na ampliación do parque empresarial de Espiñeira

BOIRO> O alcalde de Boiro e a xerente da SEA mantiveron un encontro xunto cos servizos técnicos de ambas entidades para avanzar na ampliación de chan empresarial no municipio.

A alta demanda e o esgotamento das parcelas no polígono de Espiñeira dende hai tempo fai preciso axilizar os trámites para facilitar a súa ampliación.

O Concello comprometeuse a impulsar a modificación puntual do PXOM coa correspondente avaliación ambiental que permitiría poñer a disposición os terreos para acometer a actuación en dúas fases: unha de 115 mil metros cadrados e outra de caso 200 mil.

As dúas entidades estudarán as fórmulas de xestión das propiedades dos terreos,  buscando acordos para simplificar os trámites. 

Dende o Concello agardan que a SEA dea a coñecer xa este verán os resultados do estudo de viabilidade técnica, económica e xurídica contratado.