Os mexicanos acoden ó Salnés na procura de empresas inversoras

PONTEVEDRA> Unha expedición de políticos mexicanos, encabezada polo alcalde de Aguas Calientes, está de visita polas Rías Baixas na procura de irmandamentos e inversións comerciais para o seu país. Hoxe era presentado en Pontevedra e pola tarde visitaba varios enclaves do Salnés. O Concello mexicano de Aguas Calientes está na procura de empresas galegas que se asenten nestoutro lado do Atlántico para asumir a xestión de servicios deste municipio crecente de centroamérica. Este é o principal obxectivo dunha comisión política que chegou hoxe ás Rías Baixas na procura de estreitar lazos con esta comarca co fin de sentar a base de futuros negocios e irmandamentos culturais. Estes mexicanos véndense como unha gran metrópole situada no centro do país, preto da Capital, e en auxe económico beneficiado polo tratado de libre comercio cos Estados Unidos. Arestora o seu servicio de abastecemento de auga xa está en mans dunha empresa española e pretenden que aconteza o mesmo con outros servicios básicos como a recollida do lixo ou a enerxía eléctrica. Amais, apuntan a posibilidade de abrir mercados para productos de seu como o tequila. A outra vertente é a social, a do irmandamento e da formación, para posibilitar o enriquecemento cultural ós dous lados do Atlántico. Amais, desde a Mancomunidade do Salnés están na procura de que esta visita sirva amais para que se leven un grato recordo das Rías Baixas e dos seus productos que sirva para promocionar tamén o noso. No tocante ó traballo, o Presidente da Mancomunidade descartaba a posibilidade de acudir á traballar ó país americano sen unha empresa local que dese postos de traballo alí. Antes de recalar no Salnés, os mexicanos protagonizaron unha visita semellante a Barcelona aínda que en Galicia esta será a única polo de agora. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/28/mexico.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/28/mexicanos_deputacion.mp4{/flowplayer}