PONTEVEDRA> Pontevedra recupera o seu Pontedetapas. Despois de dous anos de pandemia, a cita regresa e faino cun novo acicate: un premio do público que servirá para escoller a Tapa de Pontevedra que representará á cidade na final de Tapas por Galicia. Dende a asociación de hostaleiros Hoempo agardan que o certame sirva, unha vez máis, para animar un mes de menor consumo como é novembro.
Durante dous anos a pandemia obrigou a parar este certame, pero neste 2022 Pontevedra retoma o seu Pontedetapas.
Este ano esta actividade volve amparada pola marca Pontevedra Capital Gastro e conta, ademais, cun novo acicate. Por primeira vez servirá para elixir á representante de Pontevedra no concurso ‘deTapasxGalicia’.
Na organización do Pontedetapas, a concellería de Promoción Económica conta coa complicidade da asociación de Hostaleiros de Pontevedra, Hoempo. Hoxe o seu presidente aseguraba que o concurso axuda a dinamizar un mes complicado, como é o de novembro.
Como novidade, os días 14 e 15 de novembro instalarse no Gastroespazo do Mercado unha estación de fotografía. Os hostaleiros que o desexen poderán levar ata alí as súas elaboracións para conseguir unha imaxe profesional de cada tapa que se incluirá no material promocional.