Pontevedra aproba inicialmente a normativa para crematorios

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra aprobou hoxe en Pleno, de xeito inicial, a modificación puntual das súas normas urbanísticas que regula a instalación de crematorios da Cidade. Trala polémica orixinada fai dous anos trala avalancha de peticións para estas infraestructuras, agora o bipartito saca adiante este documento que establece unha distancia de seguridade mínima de 50 metros con calquera vivenda. O Goberno Bipartito de Pontevedra ven de facer valer a súa maioría absoluta en pleno para sacar adiante a coñecida como normativa dos crematorios; a que é unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal para dotar de plena seguridade xurídica e administrativa a construcción de futuras insfraestructuras desta índole neste Concello. Malia entender que esta debería ser unha competencia do Goberno autonómico, o executivo local veuse obrigado a regular esta materia ante a alarma social que suscitou a avalancha de peticións de ubicación destas instalacións mortuorias por parte de cinco empresas fai uns dous anos. A partir desta aprobación ábrese un prazo de dous meses para presentar alegacións por parte dos posibles afectados. Amais, ábrese un novo período de suspensión de licencias ordinario de dous anos no entorno dos cincuenta metros. Este espazo de protección foi un dos puntos nos que o equipo de goberno se encontro ca oposición do PP. Os populares entenden que se vulnera o acordo plenario anterior ó pasar da protección dos 500 metros pactada ós 50 aprobados arestora. Culpa da liorta ó BNG por non ter os deberes feitos co PXOM e ó PSOE por estar asociados con estes “insumisos” declarados. Pensan tamén que con esta nova moratoria queren alongar tempos para que sexa outro goberno o encargado de resolver o problema. Foi aquí onde se atoparon ca máis fina ironía de Louro, que tirando de hemeroteca e de rexistro de mocións plenarias do PP, demostrou que se levaba a pleno as peticións dos populares, xustificando a reducción dos metros de protección en base ós informes dos técnicos municipais. Nesta mesma sesión aprobouse a actualización de quince taxas nun 1.8 %, o incremento do IPC desde xullo ate o de agora. Aquí, malia que o BNG presumía de gobernar un dos Concellos con menor carga impositiva, o PP acusounos de afán recadatorio. Aquí, de novo, o PP tivo que aguantar as críticas referentes ás actuacións dos seus compañeiros de Partidos nos Gobernos Central, autonómico e no da Deputación, onde subiron notablemente os impostos. Pola contra, o bipartito BNG-PSOE negouse a aprobar a proposta dos populares de reabrir ó tráfico a Ponte da A Barca para evitar a importante afectación que aseguran que están a ter comerciantes e veciños. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/28/pleno_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/28/pleno_pontevedra_281013.mp4{/flowplayer}