RIANXO> Rianxo acolleu onte a segunda xornada do proxecto para enxalzar as indicacións xeográficas protexidas dos viños galegos. A iniciativa é froito da colaboración entre quince adegas e seis grupos de desenvolvemento rural, entre eles o do Salnés-Ulla-Umia. A lei de recuperación da terra agraria foi un dos piares da programación de onte.
A Lei de Recuperación da Terra Agraria impulsada dende a Xunta de Galicia e as vantaxes que pode supoñer para o rural en xeral e para o sector vitícola en particular, foi un dos temas centrais da segunda xornada divulgativa das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia.
Santé explicou que a nova convocatoria contará un orzamento de case un millón de euros, que se destinarán a proxectos de cooperación como este, posto en marcha entre quince adegas e seis grupos de desenvolmento rural. Entre eles, o do Salnés-Ulla-Umia.
O obxectivo final deste proxecto é poñer en valor os viños elaborados pola Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia.
A programación enmarcada no plan de dinamización rematará este sábado, cun túnel do viño no Pazo de Goiáns, en Boiro.
Estas xornadas son un dos piares do proxecto ‘Viños das IXP de Galicia. Viños que falan de nós’. Completarase con accións relacionadas co enoturismo e coa comunicación.