Rianxo acolle a 36 edición da Ruta Mar de Arousa e Ulla

RIANXO> Rianxo acollerá este ano a 36ª edición da Ruta Xacobea Mar de Arousa e Ulla. No evento daranse cita máis de 200 persoas que conmemorarán a traslatio, percorrendo o mesmo camiño que os restos do apóstolo Santiago na súa chegada a terra.

Máis de 500 participantes daranse cita na trixésimo sexta edición do Remonte conmemorativo da Traslatio que partirá o domingo día 17 dende Rianxo. A cita dará comezo ás catro e cuarto da tarde cun ato institucional no auditorio no que se concederá unha distinción por parte da Fundación da Ruta Xacobea Mar de Aorusa e Ulla á Garda Civil, Cruz Vermella e Protección Civil, colectivos que sempre colaboraron na organización deste evento. Pasadas as cinco da tarde, os navegantes porán rumbo a Padrón onde desembarcarán para participar nos actos conmemorativos da traslatio que se celebrarán no Pedrón.

Ademais de conmemorar a traslatio dos restos do apóstolo, orixe de tódolos camiños xacobeos, esta ruta contribúe a poñer en valor os concellos polos que discorre resaltando o seu valor histórico e patrimonial.

A duración da ruta é de aproximadamente tres horas. Os interesados en asistir deberán realizar reserva previa para ter praza no catamarán nas oficinas de turismo de Rianxo. A actividade é de balde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí