David Amor apadriña a Gran Recollida Solidaria do Banco de Alimentos

PONTEVEDRA> David Amor será o padriño deste ano da Gran Recollida Solidaria do Banco de Alimentos.  O actor e humorista, natural de Salceda de Caselas, anima a facerse voluntario para esta campaña que axudará a combater o desabastecemento dos almacéns da ONG.

David Amor é o encargado de apadriñar a iniciativa organizada coma tódolos anos polo Banco de Alimentos para conseguir encher os almacéns e poder atender as demandas de axuda polo menos ata a primavera.

A organización precisa duns 500 voluntarios para a área de Pontevedra e 2.000 para toda a provincia.

A Gran Recollida Solidaria terá lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro en 155 superficies comerciais da provincia. O Banco de Alimentos axuda a 5.000 persoas no entorno de Pontevedra e 25.000 en toda a provincia a través de entidades benéficas.

O actor asume a responsabilidade de atraer a voluntarios e acadar unha boa cifra de doazóns.

Coma reto márcase superar a cifra do ano pasado, no que se recolleron 325.000 quilos.

David Amor, que participará coma voluntario durante a primeira xornada da campaña, animou a botar unha man.

Para facerse voluntario hai que encher un formulario na web www.bancoalimentosvigo.org  ou chamar ó teléfono 986 865 301.