O Concello seguirá traballando para que Ence desapareza da ría de Pontevedra

PONTEVEDRA> A decisión da Avogacía do Estado de achandarse na concesión da prórroga de Ence na ría de Pontevedra chegou esta mañá ata o pleno municipal. Na moción presentada polo Partido Popular, pedíase ao Goberno local que amosase o seu apoio aos traballadores da fábrica, e que, no caso de que a pasteleira pecha, o Concello asuma as axudan que a empresa concede as colectivos sociais, culturais e deportivos da cidade. A proposta, finalmente, non foi aprobada.

Tensión, discrepancias e unha pizca de humor. Así foi o pleno municipal celebrado esta mañá en Pontevedra. Un dos momentos máis tirantes produciuse coa moción de urxencia presentada polo Partido Popular sobre o decisión da Avogacía do Estado de achandarse na concesión da prórroga de Ence. O grupo municipal pediu ao Goberno local que amosase o seu apoio aos 400 traballadores da fábrica e que no momento de que esta peche, o Concello asuma as axudas que a pasteleira concede anualmente aos diferentes colectivos sociais, culturais e deportivos da cidade.

Ante esta moción, Cidadáns reprochou o Partido Popular que se concedese dita prórroga a Ence cun goberno en funcións de Mariano Rajoy e o  Partido Socialista pediu prudencia neste asunto.

Pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego reiterouse no seu compromiso, o de seguir traballando para que Ence desapareza da ría de Pontevedra.

A proposta do Partido Popular soamente contou co apoio de Cidadáns, polo que, finalmente a moción non foi aprobada.