OGROVE> O Instituto Monte da Vila do Grove emprega os videoxogos como método de ensinanza. O centro está realizando esta semana unha actividade de realidade virtual. O obxectivo é que o alumnado adquira competencias e destrezas relacionadas coas novas tecnoloxías.
Un dos sectores de actualidade é o dos videoxogos. Os xogos virtuais xa non son un mero entretemento para nenos e a súa industria crece cada ano e comeza a situarse como unha das máis importantes do mercado. O instituto Monte da Vila do Grove non é a alleo a este sector e por elo, ao longo desta semana, está a organizar unha actividade de realidade virtual.
A actividade está desenvolvida por Néstor Amador, antigo alumno do centro.
Nestor comparte cos alumnos do Monte da Vila diferentes xogos virtuais que permiten facer debuxos en 3D, practicar o tiro con arco ou xogar ao Beat Saver, un videoxogo de ritmo.
Tódolos alumnos da ESO probarán a realidade virtual ao longo desta semana e os que xa os fixeron gozaron coa súa xogabilidade.
Ante o éxito da actividade, Javier Peteiro abriu a posibilidade de organizar un torneo para todos os públicos.