O Tribunal Supremo tumba a creación de un polígono industrial en Valga

VALGA> E cambiando de tercio… o Partido Socialista de Valga convocou este xoves unha rolda de prensa para explicar en que se basa a sentenza do Tribunal Supremo para votar abaixo o proxecto do polígono industrial, promovido polo goberno de Bello Maneiro. 

 

No ano 2008 o goberno municipal de Valga dirixido por José María Bello Maneiro aprobou un Plan Xeral de Ordenación Municipal  que incluía no mesmo un polígono industrial duns 800.000 metros cadrados. Un proxecto no que segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia era ilegal a recalificación de parte dos terreos, que pasaban de non ser urbanizables de protección forestal a urbanizables de uso industrial. Pois ben é agora no 2016 cando se fai pública unha sentenza do Tribunal Supremo onde se anula definitivamente a creación deste polígono industrial. Un feito que levou ao PSOE da vila a convocar aos medios e explicar o significado desta sentenza. 

Un fallo que dende o Partido Socialista de Valga ven como unha nefasta xestión do Partido Popular na vila. 

María Ferreirós explicaba que o seu grupo municipal, despois de esta sentenza vai a pedir responsabilidades e ademais vaise defender de todos aqueles que os acusaban de non querer crear emprego na vila. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/09/valga_anulación_poligono_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/09/valga_anulacion_poligono.mp4{/flowplayer}