Pontevedra celebra estrea Salón e Congreso de perruquería e estética

PONTEVEDRA> Pontevedra converterase a vindeira semana na capital galega da formación en perruquería e da estética gracias á celebración do Congreso e do Salón Galicia Look and Fashion. É a primeira vez que a Cidade do Lérez acolle este tipo de evento pensado fundamentalmente para profesionais e, o anuncio dunha bolsa de emprego, xa garante o éxito de afluencia de antemán. Galicia Look and Fashion é o nome co que se bautiza o primeiro congreso e salón de perruquería e estética que vai a acoller o salón feiral de Pontevedra a fin de semana do 16 ó 18 de novembro. Nel recolleranse as últimas tendencias nestes dous eidos. O salón estará aberto a tódolos públicos namentres o congreso está destinado unicamente a profesionais do sector. Neste último, os asistentes poderán asistir a charlas de nomes tan relevantes do sector da beleza como o Fernando Lareu, Luis Romero, Ramiro Fernández, Xavi García, Marta Saiz ou Consuelo Silveira. Para asistir compre reservar invitación na web www.galicialook.com, onde tamén se pode obter máis información sobre o evento. O sector agarda impaciente a chegada deste evento que será o primeiro destas características que se celebre na Cidade do Lérez, e que trae consigo unha bolsa de emprego; algo ben chamativo nestes tempos. A organización sorteará entre os asistentes lotes de productos; e amais o público terá a oportunidade de facerse tratamentos neste mesmo recinto con productos máis novidosos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/06/salon.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/06/ptac_salon_perruqueria_pontevedra.mp4{/flowplayer}