PonteAndadas propón oito andainas durante o 2023 por espazos naturais urbanos e rurais

PONTEVEDRA> Neste 2023, Pontevedra volverá botar a camiñar. O 16 de abril comeza unha nova edición de Ponteandadas, unha actividade que propón un ciclo de oito andainas ata o vindeiro 3 de decembro. Os trazados serán a través de espazos naturais urbanos e rurais para dar a coñecer diferentes puntos do municipio.

Oito andainas a través de espazos naturais urbanos e rurais de Pontevedra para coñecer diferentes puntos do municipio. É a proposta que nos fai un dos programas xa veteranos do concello: Ponteandadas.

A primeira celebrarase xa este domingo 16 de abril. Bautizada como Ponteandada Panorámica, percorrerá distintas zonas do parque forestal da Fracha. Xa hai 156 inscritos. O 7 de maio farase un percorrido inverso ao Camiño Portugués, mentres que o 11 de xuño será Ponteandada Familia polo Pontillón do Castro cun percorrido dobre para rapazada e adultos. O domingo 1 de outubro celebrarase unha das novidades: a Ponteandada Extrem e Mini Extrem.

Repiten a Ponteandada Nocturna, a do Magosto e a de Nadal-Solidaria, que serán os días 14 de ouburo, 12 de novembro e 3 de decembro, respectivamente.

Os organizadores confían en que este ano se repita o éxito dos anteriores. Dende Naturgaliza sitúan a idade media dos participantes na contorna dos 59 anos.

As inscricións xa están abertas e teñen un custo de 2 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí